Ida Kar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1908 Tambov (Imperio Ruso) |
Morte | 24 de decembro de 1974 (66 anos) Londres (Reino Unido) |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafa |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Victor Musgrave |
Descrito pola fonte | A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) |
Ida Karamian, coñecida como Ida Kar, nada en Tambov o 8 de abril de 1908 e finada o 24 de decembro de 1974, foi unha fotógrafa rusa de orixe armenia que realizou retratos de artistas e escritores célebres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pais armenios, pasou a súa infancia entre Rusia, Armenia, Irán e Exipto. En 1928 trasladouse a París a fin de estudar química e medicina pero pronto simpatizou cos surrealistas e interesouse pola fotografía. Ao regresar ao Cairo en 1933 abriu un estudio fotográfico e participou no desenvolvemento do surrealismo en Exipto.
En 1945 trasladouse a Londres, onde participou no movemento surrealista inglés polo que a súa obra comezou a difundirse. En 1954 participou nunha exposición colectiva co título de Forty Artists from Paris and London (Corenta artistas de París e Londres) e en 1960 realizou a súa primeira exposición individual.
Algúns personaxes que fotografou son Jean Arp, Doris Lessing, Iris Murdoch, Henry Moore, Georges Braque, Jean-Paul Sartre, Dmitrii Shostakovich, Bertrand Russell, T.S. Eliot, André Breton, Eugène Ionesco, Bridget Riley, Man Ray, Fidel Castro ou Joan Miró.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Williams, Val Ida Kar: Photographer (1989) Virago Press ISBN 978-1-85381-104-3